16:00
Encordass Fiddle Fest 2022

Encordass Fiddle Fest 2022

Encordass Fiddle Fest 2022

galicia fiEncordass Fiddle Fest é un festival especializado na música de corda. Co violín como fío condutor, explora as conexións da música popular e de raíz en diferentes culturas, fusionando artistas internacionais con música galega nun espazo natural tan especial como é a Illa de San Simón.

É un evento que achega o violín ao público, desmontando o tópico social que relega este instrumento á esfera formal da música clásica. Encordass Fiddle Fest chega para demostrar que o violín é accesible, plural, versátil, divertido, fiestero e, por suposto, festivalero!

A edición 2022 centrarase nas músicas populares de Brasil, que se hermanarán coa música folk galega conformando un espectáculo polo que pasarán tanto solistas consagrados como bandas emerxentes, e que terá como colofón a actuación da Orquestra Encordass, con preto de cincuenta músicos sobre o escenario.
+INFO www.galiciafiddle.com
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android