19:00
Solpor Monteferro: Nicolás Pastoriza, Le Voyeur, Los Cacikes

Solpor Monteferro: Nicolás Pastoriza, Le Voyeur, Los Cacikes

NICOLÁS PASTORIZA

Nicolás Pastoriza non é máis que un compositor e guitarrista vigués que durante os últimos anos rebuldou no seu estudo caseiro manufacturando en modo moi artesanal uns cantos discos autoproducidos ou man a man con Iván Ferreiro e outros amigos talentosos.
O próximo artefacto que Nicolas Pastoriza poñerá “episodios dunha hipotética serie televisiva” titulada Servizo de Atención ao Cliente. Este particular “Black Mirror” foi xestado, composto, gravado e producido por el mesmo no seu estudo caseiro habitual durante prácticamente todo o período COVID coa colaboración de Sergio M. Puga, Iago Reigosa e Paulo Pascual que completan a banda nada destas gravacións. Influencias dos relatos veciñais de Ray Davies e ás derrapaxes cerebrais de Syd Barrett se tocase con Vainica Dobre, ás retortas guitarras detrás de curiosas historias xurdidas nun hipotético cóctel entre P. K. Dick e Rafael Azcona así como a todo o narcotipop en xeral tan necesario e balsámico... e que tanta compañía nos fíxo durante toda a pandemia.

LE VOYEUR

Episodio Aparentemente Letal" As cousas non nacen nin morren: aparecen cando deben, e porque deben facelo. LLE VOYEUR é a transformación dun proxecto previo nunha pel contemporánea. Aquela paisaxe mística, erótica e paixonal foise convertendo no reflexo dun mundo máis distópico, mecánico e escuro. Á pregunta de que debe ser unha banda como esta nun tempo como este, aquí está a resposta. LLE VOYEUR, a banda de Miguel Marcos (antes Lle Voyeur Méndez) nace ou renace como unha máquina kraut, pospunk, noise e rock. Móvese entre a beleza dramática renacentista —ese adn segue latente— e a distopía posmoderna e cotiá.

LOS CACIKES

Los Cacikes actuarán o sábado 2 de xullo en SOLPOR MONTEFERRO 2022, para ofrecer aos seus fans un atardecer de auténtico Rock sen concesións.
Non é a típica banda de versións, é algo máis, non son un grupo nunha simple jam, é actitude, paixón, motivación, desenfreo, emoción, son o que define ao verdadeiro espírito do Rock´ n Roll. O espectáculo dos Cacikes é unha festa que ninguén se quere perder. Interactuando en todo momento co público, a conexión é instantánea e a maxia do Rock aparece cada noite no escenario.
A banda interpretou máis de 300 temas ao longo destes anos, un repertorio a proba de bomba que nos trasladará automaticamente á época dourada do Rock: Guns& Roses, AC/ DC, Led Zeppelin, Queen, Bon Jovi, Europe, Metallica e un longo etc.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android