20:00
Alerta + Inn Oppiah + Anecoid
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Guardar evento Evento guardado
Anecoid é creado en 2019 por Lois, BuZz, Angel e Michu, para satisfacer os oídos dos amantes do Metal e o Trash dos 80 e 90.
Letras en castelán, potentes riffs de guitarra, ritmos contundentes e alaridos son os ingredientes fundamentais deste coctel.
En 2020 entra a formar parte da banda Charly, un novo guitarrista (que non segundo) co cal a banda non só gaña en equilibrio e densidade espectral, senón que, engade un novo punto de vista na composición de guitarras e en xeral, achegando sen dúbida unha maior frescura no que á composición refírese.
As crises de covid en 2020 e 2021 pegaron duro, moi duro, non só no sector, senón na vida de todos en xeral. Impedíndonos en gran parte a realizar o noso traballo con normalidade, o que nos impediu traballar no estudo como non gustaría e realizar así novos lanzamentos. En canto sexa posible e seguro para todos, Anecoid volverá dar cana tanto no estudo como en directo. Prometido



