20:30
Silvia Penide

Silvia Penide

A artista galega Silvia Penide logrou un dos seus soños: a voz de Víctor Manuel soa de marabilla xunto á súa nunha canción que rescatou do seu anterior traballo titulado como a canción: O efecto boomerang.

Os días de chumbo é o título do oitavo disco, o oitavo xa na súa carreira musical, e no que Silvia puxo toda a súa paixón para transmitir esperanza nestes momentos complexos para a humanidade. Letras que nos lembran o que estamos a vivir e que tamén miran ao futuro. O EP ábrese cun dos dous poemas en galego escritos pola autora e musicados ao piano, con composicións orixinais de Carla López, pianista da banda de Penide. Os arranxos de guitarra son outro dos puntos fortes do disco e deles encargouse o guitarrista e compositor Paul Álvarez. O disco, gravado en Drum&Roll Studios da Coruña, viaxou a Madrid para as mesturas de David San José (que tamén achegou baixos e órgano hammond) e a masterización de José María Rosillo.

O resultado final permítenos gozar do constante crecemento desta autora galega que gañou en 2020, por segunda vez, o Premio Martín Codax da Música na categoría de Mellor canción de autor. Un recoñecemento que outorgan as socias e socios de Músicas ao Vivo, a asociación galega de músicos, co que é o seu propio gremio o que decide concederlle ese premio.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android