Galifunk xorde como unha aposta de músicos, todos eles profesionais que teñen en común gusto pola música actual, así como do música disco, dos 70´s, funky buscando sempre ser orixinais e inspirándose nas brass band americanas, crean un repertorio amplo e variado, con arranxos propios e innovadores.
Tendo soamente catro anos de historia, participaron en moi diversos eventos como son as festas patronais do concello de Sanxenxo, Barro ou Cuntis, as festas da Peregrina 2017, en Pontevedra, as festas da Dorna en Ribeira ou a feira "Corazón da Artesanía" organizada pola Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, en Agolada.
Tamén participan en festivais importantes da xeografía galega como o "Rockin Vila" ou o "Revenidas", así como o evento "Castelo conta" en Culleredo. Con gran acollida por parte do público asistente, destacando a súa frescura e calidade musical.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar