11:00
Feira do libro de Galicia 2022

Feira do libro de Galicia 2022

As novidades editoriais volven saír ás rúas dos concellos galegos para achegarlle á cidadanía o libro e a lectura, nun percorrido que as leva polas catro provincias galegas. As Feiras do Libro de Galicia celébranse nos meses de primavera e verán, con postos de venda de exemplares xestionados polos libreiros, e complétanse cunha extensa programación de actividades paralelas dirixidas a todas as idades, como charlas, encontros con autores, espectáculos infantís, presentacións de libros etc., que fan destes eventos unha cita de alto interese cultural.

As casetas estarán abertos de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas, salvo o xoves, con unicamente horario de tarde. Como anos anteriores a propia feira contará cunha completa programación de actividades ademais da presenza de artistas e escritores.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android