20:00
Festival Galegote Rock: High Paw + Copa Turbo
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Guardar evento Evento guardado
A miña ambición é só escoitar á miña natureza, canta High Paw na little flower e diríase que no verso hai truco: non ten moito mérito cando a túa natureza soa así de sutil, profunda, fermosa. A voz desta singjay viguesa de 25 anos, Paula Ferreiro de acordo co DNI, vaise facendo un oco no panorama reggae estatal e agora planea plantar unha semente alén do Atlántico cunha xira en México en novembro. Contesta a esta entrevista unhas horas despois de volver de Alemaña, onde foi baixista e corista de The Galician Messengers, a banda que arroupou a Wöyza -unha persoa, logo verase, importante na súa carreira- nunha serie de sete concertos no festival Museumsuferfest de Frankfurt.
Os Copa Turbo empezan a experimentar o verán de 2007. Amigos da infancia con equipo precario e amplos coñecementos. Tras varios anos de procura do método e do son con formacións cambiantes, probas de distintos sets con instrumentos diferentes, tras pasar polo pop psicodélico, rock electrónico, e interesarnos polo funk e o soul fomos consolidando o noso método de traballo debido á incorporación dun sampler korg KaossPad e unha caixa de ritmos.
Aprendemos polo camiño niveles básicos de produción, gravación, software, edición, que nos permite xerar nosas propias formas de traballo múltiples, cambiantes e sempre esixentes, cunha actividade frenética vía internet.


