21:00
Othello

Othello

Hai no relato de William Shakespeare unha historia de encontro, na que unha muller europea e un home africano namoran. Porén, contra o final do texto, ela morre asasinada por el.

Othello é, asemade, vítima e verdugo. Sofre islamofobia e executa un feminicidio que nace dunha mentira. Unha mentira que, á súa vez, xorde da inseguridade e da crenza de entender, como propio, o que non se pode posuír.

#BlackLivesMatter, #NiUnaMenos, #Posverdad e #FakeNews danse cita nunha historia escrita hai máis de 400 anos, pero que hoxe en día resulta próxima no tempo: en España, desde o ano 2013 morreron 1.053 mulleres asasinadas por violencia machista.

Esta nova visión constrúese coa apertura do espazo íntimo, as conversas e accións do universo feminino a través das personaxes de Desdémona, Emilia e Bianca. Utilizando a comedia como xeradora de discurso sobre a dor e a rabia, preguntámonos que podemos facer, desde o noso presente, para deter o tempo no relato.

Xusto aquí:

Non hai tempo, é tarde (estrangúlaa). Othello, acto VII.

Deter o tempo e voltar sobre os pasos da historia para entender como chegou ata ese punto. Detelo e proporlle ao público un debate arredor da construción do xénero, a percepción dun-ha mesmo-a e as relacións, e a propia estrutura do sistema patriarcal.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android