20:00
Manar. A derradeira caravana

Manar. A derradeira caravana

Manar, é un nome árabe de muller que, dende o poderío da súa sonoridade, invítanos a penetrar na vida da protagonista, a través da interpretación das diferentes etapas vitáis e emocións da súa existencia, a través da poesía, da música e da danza, elementos que enfatízan a expresión das diferentes realidades polas que transita a nosa protagonista.
O texto foi publicado a principios da pasada década pola Revista Galega de Teatro, como separata, e co título de “Campo Sur”, nunha edición que contou co prólogo do crítico e estudoso Manuel Vieites, actual director da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. Ahora, adopta como título o nome da protagonista, xa que o tempo foi convertendo a Manar no epicentro da peza.
Sabela Hermida, actriz e bailarina, foi elexida polo autor e director da obra para encarnar a Manar, por considerala a intérprete adecuada polas súas dotes vocáis e dramáticas para dar vida a unha muller sensible e forte que busca sobrevivir no medio dos duros avatares que ós derrotados lles espera nun campo de refuxados.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android