21:00
Tour Vacanal

Tour Vacanal

Música, ironía, humor, talento e creatividade. DE VACAS non deixa a ninguén indiferente. O cuarteto -de tres voces (Inés Salvado, Faia Díaz e Paula Romeu) e unha guitarra (Guillerme Fernández)- foi quen de atopar un formato fresco e moi persoal, fascinante. Atrévense con case todo, transformando grandes temas venerados polas masas e maltratados pola historia. A proba: Amodiño, a súa particular versión do Despacito que se fixo viral e xa ten máis de 500.000 visitas en Youtube. Desde as Spice Girls ata Lola Flores ou Rosalía.

Son catro vacas que rin e cantan. Puro deleite musical!
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android