20:30
Pura

Pura

Lugares que xa non existen. Esquecín como ulía aquela rúa. Non sabía como recuperar a sensación de antes. Miña avóa, Pura, naceu nunha casiña no centro da cidade. A Coruña. Esa casiña xa non está. A primeira vez que foi ó cine estaba co meu avó. El sempre contaba moitas historias, lendas urbanas, cousas que as veces non pasaron pero que forman parte das xentes dun lugar. O Cine París. Había moitos cines en cada barrio, lugar de encontro.. Agora o cine París é un no lugar. Un sitio que podería estar en calquera outra parte, calquera outra cidade, un espazo que non ten nada de memoria. Nas súas paredes. Nada. Pura ten 94 anos. Menos mal que ela ten a memoria para recordalos.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android