18:00
Sempre Rosalía
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Guardar evento Evento guardado
A actriz Ana Ponte, caracterizada como Rosalía de Castro, e o actor Diego Freire (interpretando a un dos seus biógrafos) inician un diálogo, protagonizado por poemas de Rosalía e de outros autores, cun toque de humor para homenaxear á súa figura e achegala ás persoas participantes.
Presentamos a unha Rosalía alén dos estereotipos e reducionismos que durante anos pintaron esta autora como unha “chorona”. Tratamos de fuxir da imaxe falseada e edulcorada que durante moitos anos se impuxo na nosa sociedade.
O obxectivo último da intervención é a celebración da figura de Rosalía de Castro. Pretendemos salientar o seu papel central na nosa cultura e a feliz excepcionalidade de que ese lugar central estea ocupado por unha muller, malia tódolos obstáculos que tivo que superar.



