10:00 hasta las 20:30
FSWD / Identidade e territorio

FSWD / Identidade e territorio

From Spain With Design (FSWD) é un proxecto de READ, Rede Española de Asociacións de Deseño, concibido de forma colaborativa como unha ferramenta para a proxección do deseño español a nivel nacional e internacional.

Neste marco, presentamos a exposición FSWD / Identidade e territorio, que recolle proxectos de deseño de distintas áreas que, máis aló de responder ao lema da convocatoria, destacan pola súa calidade, pola súa proxección no mercado nacional e internacional, por ser un modelo de sinerxia entre deseñador e empresa, por dar respostas coherentes e construír valor.

A esta idea vertebradora súmanse distintos eixos conceptuais que contribúen a acoutar unha selección de 135 obras de diferentes ámbitos: Identidade e territorio, Interseccións, Internacionalización, Sustentabilidade e Complicidades. A través deles achegámonos de maneira sutil aos relatos que nos ofrecen tanto obxectos como espazos ou formas de comunicar; que tiveron como obxectivo un uso, unha utilidade, un fin; e que crearon identidade desde o contexto en que naceron, respondendo a un problema ou demanda e, sobre todo, á necesidade das persoas.

Fuente: https://www.turismo.gal/axenda-cultural/evento?langId=gl_ES&nid=102480
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android