09:30
Feira do queixo do Cebreiro
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Guardar evento Evento guardado
Dende os seus comezos no ano 1987 a data de celebración da Feira do queixo do Cebreiro está vinculada á Semana Santa. A festa mantén a súa sede fixa neste concello desde o ano 1999. Na actualidade a feira segue a ser un grande acontecemento cultural e económico onde se conservan tradicións populares como a compra e venda de produtos de todo tipo, ocupando o queixo o lugar máis destacado.
A feira comeza ás 9:30 horas da mañá e remata a media tarde. Durante toda a xornada os visitantes poden gozar da degustación dos produtos típicos da comarca amenizados por pasarrúas e unha exhibición de baile tradicional.
Tamén contamos coa lectura do pregón a cargo dun personaxe ilustre.
O polbo é outro elemento fundamental desta feira, pois o paso polos seus postos é unha visita obrigada para todos os que se achegan.
Fuente: https://www.turismo.gal/axenda-cultural/evento?langId=gl_ES&nid=47010



