11:00 hasta las 20:00
VI Festival Internacional de Cinema Inclusivo de Vigo

VI Festival Internacional de Cinema Inclusivo de Vigo

A Asociación Galega Audiovisual Inclusiva ( AGAIN) organiza o VI Festival Internacional de Cinema Inclusivo de Vigo que se celebrará do 12 al 16 de outubro, co obxectivo de dar a coñecer, apoiar e valorar proxectos cinematográficos realizados por e para a inclusión, a igualdade e a difusión universal da sétima arte. 

Ábrese o prazo de admisión de curtametraxes, longametraxes de ficción, documentais e webseries desde o 15 de abril ao 25 de xullo de 2021. A temática das curtametraxes é totalmente libre, podendo ser tanto de ficción como de non-ficción. No caso dos documentais, as longametraxes de ficción e as webseries a temática virará ao redor da inclusión co obxectivo de visibilizar todos aqueles proxectos que toquen de maneira substancial a diversidade funcional, sexual, xeracional, económica ou cultural e o que a rodea.

A duración máxima das obras presentadas será de 25 minutos no caso das curtametraxes e de 120 minutos cando se trate de documentais e longametraxes de ficción (títulos de crédito incluídos en ambos os casos). A inscrición é gratuíta. As obras que se presenten serían realizadas e/ou estreadas preferiblemente con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2020. As bases pódense consultar na web do Festival ( https:// festivalcinevigo.es/basees/), onde os interesados poden inscribirse para participar.

Fuente: https://www.turismo.gal/axenda-cultural/evento?langId=gl_ES&nid=89511
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android