22:30 até às 23:59
Festa SonRías en Oporto: SonDaRúa + García Mc & Nación Quilombo

Festa SonRías en Oporto: SonDaRúa + García Mc & Nación Quilombo

12€ - 15€
FESTA PRESENTACIÓN SONRÍAS BAIXAS 2020 en PORTO

 SonDaRúa + García Mc & Nación Quilombo
 Xoves 5 de marzo
 Maus Hábitos - Espaço de Intervenção Cultural (Porto, Portugal)
 5€ + gx Anticipada | 5€ Taquilla
 Entradas  http://bit.ly/39T8ZfA 

_ _

O Festival SonRías Baixas -que celebrará a súa 18ª edición os 30, 31 de xullo e 1 de agosto en Bueu- espállase esta primavera por toda a xeografía galega, celebrando festas de presentación ao longo do mes de marzo en A Coruña, Santiago de Compostela, Vigo, Ourense, Lugo, Bueu e Mos, ademais de en Ponferrada e en Porto.

As festas, que tomarán na primavera as salas de concertos das principais cidades galegas, achegarán a outras cidades e vilas algunhas das propostas artísticas que xa son himnos do festival, como aos Dakidarría -que son unha das bandas que máis veces pisou os escenarios do SonRías e que sempre tivo unha resposta espectacular por parte do público- presentando a súa proposta en acústico e Muyayo Rif, que foi a gran sorpresa da pasada edición; ou unha das propostas de world musicmáis interesantes do país, García Mc & Nación Quilombo, que estará en agosto no festival e Ninhodelosrecaos Dj, un dos líderes de La Pegatina que cada ano ofrece en Bueu a súa versión máis desenfadada e bailable coas súas míticas sesións. Tamén pasarán polas festas do SonRías Baixas SonDaRúa, claro exemplo dunha formación nacida nas redes sociais que desenvolveu un directo de gran calidade e contundencia e que presentarán un avance do seu novo traballo, que verá a luz en abril, e os Poetarras, o colectivo músico humorístico que reaparecerán -unha vez máis- ao calor do festival de Bueu, pero esta volta en Compostela.

AS FESTAS DO SONRÍAS:

Xoves 5/3/2020 - García Mc & Nación Quilombo + SonDaRúa - Maus Hábitos (Porto)
Xoves 12/3/2020 - SonDaRúa  + Ninhodelosrecaos Dj - Sala Máster (Vigo)
Venres 13/3/2020 - Ninhodelosrecaos Dj + García Mc & Dj Mil  - Café Cultural Auriense  (Ourense)
Sábado 14/03/2020 - SonDaRúa + García Mc & Nación Quilombo + ninhodelosrecaos Dj - Sala Aturuxo (Bueu)
Mércores 18/3/2020 - Dakidarría en acústico + Muyayo Rif - Club Clavicembalo (Lugo)
Xoves 18/3/2020 - Muyayo Rif + Dakidarría en acústico - Sala Garufa (A Coruña)
Venres 20/3/2020 - Dakidarría en acústico + Muyayo Rif - Sala Rebullón (Mos)
Sábado 21/03/2020 - Muyayo Rif + Poetarras - Sala Capitol (Santiago de Compostela)
Sábado 21/03/2020 - Dakidarría en acústico + SonDaRúa - Sala La Vaca (Ponferrada)
Recomendamos que confirme toda a informação junto do promotor oficial deste evento. Por favor contacte-nos se detectar que existe alguma informação incorrecta.
Download App iOS
Viral Agenda App
Download App Android