15:00 até às 17:00
O Paradigma Imigrante na Luta Feminista

O Paradigma Imigrante na Luta Feminista

Somos todas imigrantes nos sistemas que nos colonizam, que nos oprimem. Como feministas somos quem deve agregar todas as lutas e provocar uma revolução. Confiar que entre todas é possível criar um outro mundo. Tertúlia com Laura Bugalho.

Sobre Laura Bugalho:
Laura Bugalho, nada en Santiago de Compostela o 6 de maio de 1964 é unha sindicalista e activista galega en diversas causas políticas e sociais.
Traxectoria:
Diplomada en Maxisterio e licenciada en Pedagoxía, na especialidade de Intervención Social, traballa como sindicalista da CIG desde 1992. Asemade ten destacado como activista LGBT, transfeminista e a prol dos dereitos das persoas migrantes. É membro do Foro Galego de Inmigración, do colectivo Stop Desahucios Compostela e tamén milita na causa soberanista galega.

Ten publicado diversos artigos nas seguintes publicacións: Andaina, A Nosa Terra, Novas da Galiza, Galiza Livre, Diario Liberdade e Sermos Galiza.

En 2009 Laura Bugalho axudou a sacar á luz a trama da chamada Operación Peregrino, na que 57 persoas de orixe marroquí foran traídas a España coa promesa dun emprego despois de teren abonado dez mil euros. A raíz daquel caso Bugalho foi acusada de falsidade documental e sometida a xuízo.

Laura Bugalho ten recibido, entroutros, os seguintes premios e recoñecementos:

Premio Legais 2001 a Defensa dos Direitos e Liberdades LGBT.
Premio Triángulo de Ouro EHGAM 2009.
Premio Nicolás Salmerón 2011 na categoría de Defensa das Liberdades Sexuais.
Recomendamos que confirme toda a informação junto do promotor oficial deste evento. Por favor contacte-nos se detectar que existe alguma informação incorrecta.
Download App iOS
Viral Agenda App
Download App Android