17:00 até às 21:00
Empoderamento Erótico - Workshop

Empoderamento Erótico - Workshop

- Workshop dentro do Encontro de Mulheres 2018| Todas as vozes contam - 

Aberto a mulleres de calquera viviencia sexual e orientación.
As dinámicas non implican prácticas xenitais nin exposición de nudez.

A través do noso traballo de Empoderamento Erótico propoñemos unha experiencia de (auto)coñecemento e experimentación para sacudir os modelos sexuais que non nos sirvan, crear a nosa propia erótica e vivenciar o pracer.

Usamos elementos de diferentes disciplinas como a psicoloxía, sexoloxía, traballo corporal e biodanza dende un enfoque feminista. En cada sesión facilitamos dúas partes: unha na que usamos a palabra (para situar os modelos sexuais aprendidos, compartir entre nós, xerar a erótica que desexamos) e outra na que damos lugar á vivencia e o corpo (para afianzar a nosa capacidade de sentir, crear, desfrutar) convidando ao paso polos diferentes elementos da nosa sexualidade, dando lugar a unha circularidade transformadora.

FACILITADORAS: Mai Insua & Mari Fidalgo
Un pouquiño sobre nós:

MAI INSUA
Psicóloga, Terapeuta Sexual e de Parella. Traballo para espallar crecemento erótico e relacional, empoderamento feminista e LGBITQA+. Son a creadora do proxecto Pracer Para Todas e desenvolvo o meu traballo a través de terapia, obradoiros, encontros... e como formadora de Autodefensa Feminista. Creo experiencias para ampliar as nosas posibilidades de vida, a nosa potencia para ser máis como desexamos ser e para facelo a través do bontrato e o pracer.

Contacto:
mai.sexualidade@gmail.com
https://www.facebook.com/PracerParaTodas/
https://www.instagram.com/pracerparatodas/


MARI FIDALGO
Psicóloga, feminista, activista social na construción de vidas dignas, plenas, en liberdade e felices. 
Un compromiso que me leva a experimentar e indagar en varios campos de acción, un camiño compartido e inspirado por moitas outras, que despertou en min interés en investigar sobre o corpo, o movemento e a interacción grupal como vehículos de transformación persoal e colectiva. 

Contacto:
mariafidalgo_ba@riseup.net
Recomendamos que confirme toda a informação junto do promotor oficial deste evento. Por favor contacte-nos se detectar que existe alguma informação incorrecta.
Download App iOS
Viral Agenda App
Download App Android