14:00 até às 16:00
Oficina com Virxilio da Silva

Oficina com Virxilio da Silva

Grátis
Oficina com o guitarrista Virxilio da Silva
Sala Verde - ESMAE
14h00

Entrada Livre

Virxilio da Silva, compositor e guitarrista, nace en Portonovo en 1984. Comeza a súa formación musical estudando piano e solfexo na Escola Municipal de Música “Bernardo del Rio” de Vilagarcía de Arousa. No ano 2000 ingresa  no Conservatorio Profesional de Música de Pontevedra onde cursa estudos de guitarra clásica. A súa formación jazzística xira ao redor do Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra (2001-2005) da man de dous músicos excepcionais: Abe Rábade e Paco Charlín. Forma parte, pois, da primeira promoción de músicos de jazz  saídos dese Seminario tan singular, sen parangón en ningunha parte do Estado Español, e que se vén denominando a terceira xeración do jazz na Galiza. En 2010 obtén a Licenciatura en Jazz na ESMAE (Escola Superior de Música e Artes do Espectáculo) , dependente do Instituto Politécnico do Porto, e comparte no último curso de carreira (2009-10) os estudos coa docencia nesa mesma escola, impartindo aulas de guitarra. Ven de rematar no pasado 2015 o mestrado no Conservatorium van Amsterdam (Hogeschool voor de Kusten). Na súa formación sempre salienta con fachenda  o maxisterio de Abe, Paco, xa citados, e dos guitarristas Nuno Ferreira, Santi Quintáns, Afonso Pais, Jonathan Kreisberg, Peter Bernstein, Jesse van Ruller, Marten van der Grinten

Ao longo da súa traxectoria profesional ten tocado, e mesmo nalgúns casos gravado, con músicos de renome a nivel  nacional, estatal e internacional : Walter Smith III, Jonathan Blake, Marcus Gilmore, Ambrose Akinmusire, Derk Nievergelt, Paco Charlín Abe Rábade, Javier Vercher, Perico Sambeat, Raynald Colom, Zé Eduardo,  João Moreira, Carlos Barretto, Víctor de Diego, Juanma Barroso, Bruno Pedroso, Arturo Serra, Albert Bover, Masa Kamaguchi, Brannen Temple, Cris Kaise, Jim McNeeley, Zé Pedro, João Guimarães, Bruno Santos, Mário Barreiros, Vicente Macián, Xan Campos, Max Gómez, Juansy Santomé, Xacobe Martínez, Chus Pazos, Jesús Santandreu, Marc  Whitfield Jr., Toni Belenguer, José Carlos Ferro, Ramón Ángel, Iago Fernández, Demian Cabaud, Paula Sousa, Aruán Ortiz, Fernando Sánchez, Iago Vázquez, Pablo Castaño, Darren Barrett, Jeffrey Davis, Antonio Otero, Myron Walden, Román Filiú, José Manuel Diaz, Marc Ayza, Rita Martins … 
Participa  con asiduidade nestes anos en practicamente todos os ciclos e festivais de jazz  levados a cabo na nosa Terra  (Pontevedra, Imaxina Sons, Canjazz, Nigránjazz, Lugo, Cambados, Marín, Santiago, Baiona…) e é constante a súa presenza nas salas de música ao vivo  coa súa banda en formación de trío, cuarteto ou quinteto ou como músico acompañante noutras bandas :  La Negra Tomasa /Manteca Jazz / Xancarajazz , La Casa de Arriba, La Galería, Contrabajo (Vigo), Dado Dadá Jazz, La Borriquita (Santiago), Café Latino (Ourense), Clavicémbalo (Lugo), Jazz Filloa (A Coruña), Bogui (Madrid), Doka Donostiako Kafé, Centro Cultural de Belém (Lisboa), Centro Niemeyer (Avilés)… Asemade, tamén participa noutros  festivais do Estado e de Portugal: Getxo, nas edicións de 2008 e 2010 ( nesta última obtén o 2º Premio no Concurso Internacional de Grupos co Gdjazz Quartet con Xavier Pereiro na trompeta, o contrabaixista portugués Manel Brito e  o baterista Max Gómez), Bermeo (2010);  Eivissa, en 2008 e 2011 (neste último ano coa Eivissa Jazz Experience de Abe Rábade, integrada ademais por  Ernesto Aurignac, David Mengual e Ramón Ángel); VI e VII Festa do Jazz do São Luiz de Lisboa (2008, 2009) , onde recibe na sexta edición o 1º Premio de Grupos das Escolas de Jazz de Portugal; Valado dos Frades e Matosinhos, tamén en Portugal; Boadilla del Monte (Madrid), Cerezales del Condado (León)…

Das dezaseis  gravacións nas que intervén, cómpre salientar, sobre todo, 106 Underground St. de S.O.S Trío (2006), con José Carlos Ferro ao contrabaixo e Max Gómez á batería, banda premiada na 1ª edición de Concerto Autor Jazz Galicia (2005) e, xa como líder en formación de quinteto, Virxilio da Silva : Odysseia (2009), acompañado polos músicos dos EUA Walter Smith III (saxo tenor), Derek Nievergelt (contrabaixo); Marcus Gilmore (batería) e o pianista galego Xan Campos. Ambos os discos edítanse baixo o selo Free Code Jazz Records. 
Actualmente prepara a presentación do seu último traballo discográfico co seu novo proxecto JUZZ, que sairá a comezos de 2017.
Recomendamos que confirme toda a informação junto do promotor oficial deste evento. Por favor contacte-nos se detectar que existe alguma informação incorrecta.
Download App iOS
Viral Agenda App
Download App Android