19:00
As fillas bravas e o mito de Casandra

As fillas bravas e o mito de Casandra

As Fillas Bravas son tres pandeireteiras do lugar de Momán, parroquia de Trabancas, concello de Padrenda, que cantan coplas e contan contos escoitados ou inventados, con moita retranca e non menos sabedoría.

Nesta nova obra, As Fillas Bravas usan as fontes do teatro clásico grego e da música tradicional galega como ferramentas para a sensibilización social sobre o impacto do cambio climático na nosa forma de vida. As Fillas Bravas e o mito de Casandra é, por un lado, unha obra na que tres mulleres maiores de aldea tratan de entender o cambio climático e facerlle fronte aplicando a sabedoría popular; e por outro, é un espectáculo con perspectiva de xénero á procura de modelos de empoderamento feminino

Fuente: https://www.turismo.gal/axenda-cultural/evento?langId=gl_ES&nid=86037
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android