Museo MIHL Parque da Milagrosa Av. Infanta Elena, s/n - Lugo
Lugar: Biblioteca Municipal - Mihl Idade recomendada: A partir de 3 anos
Sinopse: A raposa é moi lista e curiosa, e gústalle vivir libre no monte. De cando en vez, achégase á aldea cantaruxando unha melodía. Alí visita a galiña, que lle ensina adiviñas, e escoita os contos da señora Lela.
CONDICIÓNS DE VENDA E ACCESO
Adquisición de entradas a través do portal web entradaslugo.es e na Oficina Municipal de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función.
Acceso á sala: non se permitirá a entrada unha vez iniciada a función. Tampouco estará permitido acceder á sala con comida ou bebida.
Fotografías e gravacións: queda prohibida a realización de fotografías e a gravación de son ou imaxe durante o espectáculo, agás para os medios gráficos que conten coa autorización previa correspondente.
As persoas adultas que acompañen os nenos e nenas aos contacontos terán que retirar tamén entrada. Para dar preferencia ao público infantil, permitirase só un acompañante adulto por unidade familiar e entregaranse un máximo de tres entradas por persoa.