20:00
Un Café con Sabela Corbelle
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Guardar evento Evento guardado
Novo encontro de #CaféCoaParroquia!O vindeiro mércores 14 de outubro ás 20:00h teremos o pracer de contar no noso local social con Sabela Corbelle, xornalista e comunicadora, chairega de nacemento e lucense desde os tres anos. Nesta ocasión, Sabela achegarase ata #SanMamedeDosAnxos para compartir connosco curiosidades da nosa parroquia, historias e anécdotas, entre moitas outras cousas que seguro nos sorprenderán. Despois de tantos anos dedicados ao xornalismo e á comunicación, seguro que ten moitas historias que contar e nós moitas ganas de escoitalas. Estades todos e todas convidados/as a unha nova tarde de conversa, café e boas historias. Agardámosvos!


