18:30
2 ilusionistas cunhas maxias subversivas - Maga Fani e Martín Camiña

2 ilusionistas cunhas maxias subversivas - Maga Fani e Martín Camiña

Lugar: Auditorio Municipal Gustavo Freire
Idade recomendada: A partir dos 5 anos

Sinopse:
Un par de ilusionistas, con moito aquel, achegan unha escolma de actos desaxeitados con mollo de risadas.
Un espectáculo que non hai por onde collelo, xa que logo, non posúe angas por ningures: unha peza escénica, asimétrica e inadaptada para estes tempos, xunto de risadas e diversións anómalas, nunha nova antoloxía de enguedellos.

CONDICIÓNS DE VENDA E ACCESO

  • Venda de entradas: a través do portal web entradaslugo.es e na Oficina Municipal de Turismo, ata 3 horas antes do comezo de cada función. Tamén se poderán adquirir no auditorio o propio día do espectáculo, desde 1 hora e media antes do seu comezo.
  • Entradas con desconto: as persoas que adquiran entradas con desconto deberán acreditar que cumpren os requisitos correspondentes na porta de acceso.
  • Acceso á sala: non se permitirá a entrada unha vez iniciada a función. Tampouco estará permitido acceder á sala con comida ou bebida.
  • Fotografías e gravacións: queda prohibida a realización de fotografías e a gravación de son ou imaxe durante o espectáculo, agás para os medios gráficos que conten coa autorización previa correspondente.


  • Fuente: https://entradaslugo.es/evento/2-ilusionistas-cunhas-maxias-subversivas?type=maxia
    Download App iOS
    Viral Agenda App
    Download App Android