N/D
Xogos florais 2026: Un saber que non tiña mestras.

Xogos florais 2026: Un saber que non tiña mestras.

Ás 12:00 h. no Café Lanzós Slam de Poesía, aberto á participación sen límite de idade.

Ás 17:00 h Obradoiro de maneos por conta de Ismael García. A partir dos 8 anos. Necesarios coñecementos previos en baile tradicional. Actividade gratuita previa inscrición no instagram da Asociación Pesquedellas premento AQUÍ

Ás 17:00 h Obradoiro de iniciación á pandeireta por conta de Sara Fraga Pérez. A partir dos 5 anos. Non se precisan coñecementos previos. Actividade gratuita previa inscrición no instagram da Asociación Pesquedellas premento AQUÍ

Ás 19:30 h visita guiada cantada polo Betanzos dos Xogos Florais, aberto á participación sen límite de idade. Actividade gratuita previa inscrición no instagram da Asociación Pesquedellas premento AQUÍ ,

Ás 21:30 h terá lugar unha foliada no café Lanzós, amenizada por grupos de música tradicional da comarca onde poderemos poñer en práctica as bailas aprendidas.

Organiza a Asociación Cultural Pesquedellas, colaboran Café Lanzós e Concello de Betanzos.

Fuente: https://novas.betanzos.es/evento/xogos-florais-2026-un-saber-que-non-tina-mestras/

Download App iOS
Viral Agenda App
Download App Android