21:00 hasta las 22:00
Concerto de rock da banda distiNtos no Ceres 1894
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Guardar evento Evento guardado
Gratis
Nota resumo do evento
distiNtos é unha banda ourensá de rock en galego fundada post pandemia por Jorge Emilio Bóveda, Vault (voz e baixo), Iván Valcarce, Valkaisser (guitarra e coros) e Xurxo Bóveda, XUR (batería).
distiNtos actuará o venres 11 de setembro ás 21:00 horas no espazo Ceres 1894 de Ourense.
O concerto marcará o arranque da formación e servirá como lanzamento despois do debut na mesma sala o pasado mes de maio coa presentación da revista INviable.
"Queremos desestresar a esta sociedade crispada a base de rock con mensaxe", di Vault, baixista da banda.
Podédesnos seguir no noso canal de Instagram @nossomosdistintos
https://www.instagram.com/nossomosdistintos?stkn=OXd6ejNieThnZjFm
Nota de prensa do periodista musical Carlos Rego
distiNtos – Rock retranqueiro no Ceres 1894
Xa que a rapazada non está por botar man das guitarras para facer
música, teñen que vir os escritores a poñer as cousas no seu
sitio.
Máis no caso do
rock, distiNtos non se perden en andrómenas intelectuais… ou si?
Dígoo, porque a
primeira vista, a primeira escoita, máis ben, o seu é un power
trío cun guitarrista de categoría, un rapaz na batería e un
baixista cantante con énfase teatreiro, pero hai máis capas.
As aparencias poden
ser equívocas e, se nos poñemos analíticos, poderiamos dicir que
distiNtos fan punk progresivo, irritante e literario pero sen
repunancias, irreverente e sardónico pero intelixente, rock
esquimal de meditada retranca e ripios ben pensados.
Copia e pega rock
and roll, sempre os mesmos acordes, cantan sen rubor. Catro
acordes para a eternidade, si, pero catro acordes ben tocados.
Sentidiño si, pero o delirio polo que vale. Estamos en guerra pero
hai que reflexionar, cantaba Reixa. Mellor facelo abeirados por un
chisco de ruído xeitoso... e distinto.
Carlos Rego



