20:00 hasta las 21:30
Presentación de «Un gourmet na Breogania. A cociña de Frank Soutelo», de Mariña Arbor Aldea
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Guardar evento Evento guardado
Unha presentación que tivemos que adiar no seu momento.
A profesora Mariña Arbor Aldea vainos presentar un libro moi, moi distinto do que é o seu traballo habitual, Un gourmet na Breogania. A cociña de Frank Soutelo, unha publicación na que se recollen as receitas dos pratos que aparecen nas novelas do Frank Soutelo, receitas que a propia Mariña, coa axuda de Elisa (a súa nai) elaborou un por un para compartir con todas e todos nós.
Mariña vai estar acompañada, como non podía ser doutro xeito, por Miguel Anxo Fernández, o autor da saga do detective norteamericano Frank Soutelo, de raíces galegas en Soutelo de Montes.
Ao finalizar a presentación poderemos degustar algunhas lambetadas culinarias acompañadas por un bo Ribeiro, cortesía das adegas Eduardo Bravo.



