20:00
Visita Informativa Río Rato Sen Cemento

Visita Informativa Río Rato Sen Cemento

🌿💧 Ven descubrir as nacentes do río Rato en Lugo!

Sabías que en Lugo existe un espazo de gran valor ecolóxico que podería quedar baixo o cemento pola ampliación do polígono industrial? Acompáñanos nesta visita guiada para coñecer de cerca as nacentes do río Rato, un auténtico refuxio climático e de biodiversidade que precisa da nosa axuda.

📅 Xoves, 16 de xullo
🕗 20:00 h
📍 Polígono do Ceao (detrás do Mercadona)

📩 Inscricións: adegalugo@adega.gal | ☎️ 982 240 299

A través da campaña #RíoRatoSenCemento, queremos reunir os fondos necesarios para frear nos tribunais o proxecto de ampliación do polígono industrial sobre este espazo natural, chave para completar o cinto verde da cidade.

💚 Quen coñece este lugar convértese no seu maior defensor. Se non podes asistir, tamén podes colaborar cunha doazón en adega.gal/rioratosencemento
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android