21:00
Din de min
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Guardar evento Evento guardado
O grupo ferrolán Lenda Ártabra aposta por un espectáculo completo que representa a riqueza cultural que ten Galiza.
A agrupación folk ten unha posta en escena moi coidada e sempre que sexa posible por tamaño do escenario vai acompañado dun grupo de cantareiras.
A maior parte dos temas que interpretan están compostos por eles mesmos e combínano con xotas, muiñeiras, pasacorredoiras, polcas, marchas ou maneos do repertorio tradicional.
Fuente: https://www.turismo.gal/axenda-cultural/evento?langId=gl_ES&nid=155226



