20:00
Conto-concerto - A banda do verán

Conto-concerto - A banda do verán

Quen non pensou algunha vez de pequeno na posibilidade de montar unha banda de música? O artista Xoán Curiel protagoniza este espectáculo musical e de contacontos. Partindo do relato de como comezou a coñecer e conectar coa música, as nenas e nenos acompáñano nesta aventura mentres o espectáculo vaise transformando nun concerto.

Estilos musicais variados como o pop, rock, tradicional, reggae ou funky atópanse nesta experiencia participativa e refrescante que fai espertar a imaxinación e as ganas de abrir as orellas e as mentes.

Este espectáculo musical e teatral da Banda do Verán baséase no libro-disco editado por Galaxia Estamos no verán!!!

Fuente: https://www.turismo.gal/axenda-cultural/evento?langId=gl_ES&nid=155194
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android