18:00
Xincana ‘Coñecendo Lucus Augusti a partir da Domus do Mitreo’

Xincana ‘Coñecendo Lucus Augusti a partir da Domus do Mitreo’

Como todos os anos, o Museo Universitario Domus do Mitreo da USC súmase en maio ao Día Internacional de los Museos impulsado polo ICOM. Así, o venres 29 de maio o museo organiza unha xincana co título ‘Coñecendo Lucus Augusti a partir da Domus do Mitreo’. As persoas participantes terán que desvelar varias pistas e enigmas que lles permitirá descubrir os restos da antiga Lucus Augusti dunha forma diferente e interactiva. Esta actividade apta para todas as idades, que dará comezo ás 18.00 horas diante da Domus, é gratuíta pero ten as prazas limitadas, polo que é necesario inscribirse en museomitreo.lugo [at] fundacionusc.gal (museomitreo[dot]lugo[at]fundacionusc[dot]gal).

Fuente: https://www.usc.gal//gl/xornal/eventos/xincana-conecendo-lucus-augusti-domus-mitreo
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android