10:00 hasta las 18:00
Día Internacional dos Museos 2026
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Guardar evento Evento guardado
O Museo do Viño de Galicia en Ribadavia súmase á celebración do Día Internacional dos Museos do 2026 baixo o lema internacional "Museos unindo un mundo dividido", ofrecendo actividades especiais que fomentan o coñecemento do patrimonio vitivinícola. A programación inclúe visitas guiadas, obradoiros e catas durante o mes de maio:
De luns a domingo do 18 ao 24 de maio
Obradoiro “O tesouro do irmán Santiago”
Esta actividade será realizada a demanda, para todos os públicos, cun mínimo de 4 persoas e un máximo de 20, durante toda a semana entre o luns 18 e o domingo 24, de 10:00h a 14:30h e de 16:00 a 19:30 h.
Formúlase como unha actividade para grupos de amigos e familias. Neste obradoiro, os/as participantes deben resolver unha serie de enigmas en relación co mundo do viño e a historia do propio museo, para o cal, coa axuda dun mapa, percorrerán as diferentes salas na procura de respostas. Con este roteiro preténdese achegar os contidos do museo ao público non especialista, de forma didáctica e amena.
Esta actividade pretende promover o respecto e a conservación do patrimonio vitivinícola, a través de incentivar o traballo en equipo e a capacidade dedutiva e cognitiva dos/as participantes, mediante a resolución de probas intelectuais, así como fomentar a coordinación e o sentido da orientación.
22 de maio
Conferencia “Viños escoitados”
19:00h
Conferencia con cata de viño, musicada, por Juanjo Fogueroa Treus. Trátase dunha actividade para escoitar e apreciar o viño sen complicación, mediante unha harmonía de viños e cancións.
Para público adulto. Aforo máximo de 50 persoas.
De luns a domingo do 18 ao 24 de maio
Visitas guiadas
Dirixidas a todos os públicos.
Horario especial de apertura do museo, de luns 18 a domingo 24, de 10:00h a 14:30h e de 16:00 a 19:30 h
Fuente: https://www.turismo.gal/axenda-cultural/evento?langId=gl_ES&nid=154682



