N/D
FESTA DO CHOCO DE REDONDELA
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Guardar evento Evento guardado
Da Enseada de San Simón procede o choco que todos os anos, na primeira quincena de maio, cobra protagonismo na vila de Redondela. A festa de exaltación deste cefalópodo da ría de Vigo comezou a celebrarse nos anos 80 e nas súas últimas edicións logrou reunir a máis de 30.000 persoas que consumiron 5.000 quilos. A festa, que coincide na época na que hai máis presenza deste produto, ten como eixo central unha gran carpa situada na Alameda. Aí pódese degustar o choco preparado polos restaurantes da vila en diversas formas, desde as máis tradicionais ata as máis vangardistas. O concurso gastronómico, no que todo o mundo pode participar é, por excelencia, a estrela principal da festa redondelá. Os premios son en catro modalidades: á mellor receita creativa, chocos na súa tinta, chocos con arroz e empanada de chocos. Con motivo desta popular festa, o municipio redondelán ofrece aos visitantes un amplo programa de actividades festivo-culturais onde teñen cabida as bandas de música, deportes e xogos infantís, entre outras. É tan innegable a importancia do choco para Redondela, que popularmente aos veciños e veciñas da vila se lles coñece como “choqueiros” ou “choqueiras”. +INFO https://www.facebook.com/redondelaconcello/posts/pfbid0gxKz9Ngd6gCrRDd6T6U1nSQHR9eiH1zqQNitkFmUnFBUX8Fh14fYFNXrv6sjgsKRl



