12:30 hasta las 20:00
Exposición | "Truer" de Sara Piñeiro | NÉBOA
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Calendario
- Guardar evento Evento guardado
INAUGURACIÓN | "Truer" de SARA PIÑEIRO | Sábado 16 de maio ás 12:30h
Baixo o título Truer, Sara Piñeiro (Sanxenxo, 1996) presenta un conxunto de pezas que abordan a construción da imaxe a partir de materiais fráxiles e dispositivos auxiliares —como cintas adhesivas e po mineral— sometidos a procesos de desactivación. Ao perder a súa función orixinal, estes materiais convértense en superficies inestables que se dispoñen e reorganizan no espazo, dando lugar a estruturas abertas que poñen o foco no proceso, o tempo e nas condicións que fan posible a imaxe.
A exposición propón unha mirada atenta ao mínimo e ao imperceptible, deténdose naquilo que adoita quedar fóra do foco e convidando a desacelerar a percepción.
A inauguración terá lugar o sábado 16 de maio a partir das 12:30 na galería NÉBOA (Lamas de Prado, 31, Lugo).
Horario: Luns a venres de 12:00 - 14:00 | 17:00 - 20:00. Outro horario, con cita previa.
Lamas de Prado 31, Lugo
info@galerianeboa.com
T. 626 324 281



