18:00
CONCERTO | Traspielas

CONCERTO | Traspielas

Gratis
Os museos son a nosa segunda casa, polo tanto, convidámosvos a celebrar o seu día, o vindeiro 18 de maio ás 18:00 h na caixa negra do MIHL (acceso libre ata completar a cabida do recinto), con: TRASPIELAS. Trátase do novo proxecto da compositora e guitarrista Su Garrido Pombo Música xunto con Macarena Montesinos (cello), Iago Ramilo (saxo), Marco Maril (electrónica) e Fran Rodríguez Casal (visuais), en que profundizan e celebran a memoria colectiva dunha aldea a través dunha obra musical, poética e visual. Partindo de pezas tradicionais recollidas na aldea de Traspielas (Fornelos de Montes) e proxeccións con imaxes actuais e de videoarquivo, artistas de estilos diversos como a electrónica, a experimentación e a música tradicional, conflúen para crear unha obra actual que pon en valor a cultura popular e busca fortalecer o vínculo entre a comunidade e o seu territorio.
As cancións son revisitadas con novos arranxos e acompañadas de audiovisuais, textos e escenografías creadas a partir da escoita da memoria local, establecendo un diálogo entre pasado, presente e futuro. O proxecto céntrase en reinterpretar 11 pezas tradicionais recollidas na aldea —xotas, muiñeiras, cantos de berce, romances— dende unha perspectiva multidisciplinar e contemporánea.
Esta programación especial conta co apoio de Cultura e Turismo de Lugo. Vémonos!
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android