11:00
TRES ILUSIÓNS - ARTESTUDIO TEATRO

TRES ILUSIÓNS - ARTESTUDIO TEATRO

Na proposta titulada Tres Ilusións, reunimos a tres dos máis destacados magos de Galicia (Martín Camiña, Mago Rafa e Mago Román) para crear un novo espectáculo conxunto no que a maxia, os soños e as ilusións se converten nos verdadeiros protagonistas. A unión de tres estilos e linguaxes escénicas diferentes dá lugar a unha proposta dinámica e atractiva, pensada para sorprender e emocionar ao público.O espectáculo combina distintos números de maxia, creando unha experiencia compartida na que o asombro, a fantasía e a participación do público xogan un papel fundamental. Tres Ilusións está concibido como unha proposta versátil, apta para públicos de diferentes idadeS.

Compañía/Artista: ARTESTUDIO TEATRO
Tipo de espectáculo: MAXIA - Maxia e ilusionismo
Tipo de público: INFANTIL
Programa: Escena ao vivo

Fuente: https://redecultural.gal/events/tres-ilusions/
Download App iOS
Viral Agenda App
Download App Android