11:00
UN, DOUS, TRES... MÚSICA! - ARTESTUDIO TEATRO

UN, DOUS, TRES... MÚSICA! - ARTESTUDIO TEATRO

O espectáculo ¿UN, DOUS, TRES¿ MÚSICA!¿ reúne a tres dos mellores músicos para público familiar (Paco Cerdeiras-Pakolas, Paco Nogueiras e Pablo Díaz) de Galicia para dar forma a un novo espectáculo conxunto no que a música, o baile e a alegría ocupan un lugar central.A proposta preséntase como unha celebración colectiva na que se combinan diferentes estilos e linguaxes escénicas, creando unha experiencia dinámica e participativa pensada para gozar en familia. O concerto convida ao público non só a escoitar, senón tamén a cantar, moverse e formar parte activa do espectáculo, facendo que a enerxía e a ledicia se prolonguen mesmo unha vez rematada a actuación.

Compañía/Artista: ARTESTUDIO TEATRO
Tipo de espectáculo: MÚSICA OUTROS
Tipo de público: INFANTIL
Programa: Escena ao vivo

Fuente: https://redecultural.gal/events/un-dous-tres-musica-2/
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android