20:30
DUO VAGUEDADES - ARTEFEITO PRODUCIÓNS
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Guardar evento Evento guardado
Pouca xente sabe que Rosalía de Castro e Eduardo Pondal formaron un dúo musical, o Dúo Vaguedades, que acadou un gran éxito nas festas, foliadas e romarías do país. Até hoxe, non existían rexistros desta actividade, mais o achado dunhas gravacións e videoclips inéditos sacan por fin á luz este fito imprescindible da nosa cultura.Protagonizado por Isabel Risco e Fran Rei o espectáculo ofrece varios dos temas musicais da banda (cantados en rigoroso directo), mesturados con divertidos sketches e escenas cómicas sobre o noso xeito de ser, de falar e de relacionármonos entre nós mesmos/as e co resto da humanidade.
Compañía/Artista: ARTEFEITO PRODUCIÓNS
Tipo de espectáculo: LINGUA A ESCENA - Teatro
Tipo de público: XERAL
Programa: Lingua a escena
Video / Web
Fuente: https://redecultural.gal/events/duo-vaguedades-4/


