20:00
A CASA DO TERROR - A BANDA DO VERÁN
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Calendario
- Guardar evento Evento guardado
A Casa do Terror é un DIVERTIDO e ROCKEIRO espectáculo musical con cancións, elementos teatrais e de clown, danzas e sobre todo unha enorme dose de PARTICIPACIÓN do público. Unha AVENTURA onde a Banda do Verán entra nunha casa encantada e viven situacións divertidas e terroríficas relacionadas coa MÚSICA, a AMIZADE e a SUPERACIÓN DOS PROPIOS MEDOS. O disfrute esta asegurado con personaxes pavorosos e trouleiros para que nenas/os e pais/nais o pasen en grande e reciban unha altísima dose de enerxía! Cunha BANDA DE GRAN NIVEL presentamos esta peza con imaxinarios visuais preto da Bola de Cristal ou A Familia Adams...Influencias musicais e estéticas que visten e dan cor ao espectáculo.
Compañía/Artista: A BANDA DO VERÁN
Tipo de espectáculo: MÚSICA ROCK
Tipo de público: INFANTIL
Programa: Escena ao vivo
Video
Fuente: https://redecultural.gal/events/a-casa-do-terror/



