17:00
O SHOW DOS MONSTROS DE SAMAIN - AXIÑA A ESCENA

O SHOW DOS MONSTROS DE SAMAIN - AXIÑA A ESCENA

Espectáculo familiar interactivo. O público forma parte do espectáculo. Ambientación tanto no escenario coma na contorna do público. Zonas interactivas, dinamizacións, contos... Os divertidos e terroríficos personaxes contan unha historia dunha noite de Samaín coa axuda e colaboración do público. Labirintos, luces arrepiantes, fume aterrador, música de medo... monstros, marionetas, xogos, sustos... estás preparado para un Samaín diferente? Formar parte do público, é formar parte do espectáculo.

Compañía/Artista: AXIÑA A ESCENA
Tipo de espectáculo: TEATRO - Circo e acrobacias
Tipo de público: INFANTIL
Programa: Escena ao vivo

Fuente: https://redecultural.gal/events/o-show-dos-monstros-de-samain-4/
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android