20:30
Reconversión - Ibuprofeno Teatro
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Guardar evento Evento guardado
RECONVERSIÓN é un espectáculo de gran formato para público adulto, con oito actores-músicos que forman unha charanga e interpretan a banda sonora en directo.Entre o íntimo e o político, o proxecto, escrito e dirixido por Santiago Cortegoso, é un exercicio de memoria histórica arredor da reconversión no sector naval na Ría de Vigo. A obra céntrase na peripecia vital do pai do autor, un home que traballou no estaleiro Ascón durante 30 anos. Esta figura sintetiza as vivencias de toda unha xeración, que sufriu o paro polo peche da factoría en 1984 e viviu as mobilizacións históricas que tiveron lugar nos anos 70 e 80.
Compañía/Artista: Ibuprofeno Teatro
Tipo de espectáculo: TEATRO - Outros
Tipo de público: XERAL
Programa: Escena ao vivo
Video / Web
Fuente: https://redecultural.gal/events/reconversion-4/


