20:30
Un tranvía chamado desexo - Sen Cancelas Teatro
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Calendario
- Guardar evento Evento guardado
A compañía Sen Cancelas Teatro leva a escena "Un tranvía chamado desexo", un clásico do teatro universal, considerada a obra mestra do dramaturgo estadounidense Tennessee Williams, e que acadou o prestixioso premio Pulitzer en 1948. Esta obra foi levada ó cine en varias ocasións, e escenificada en multitude de teatros de todo o mundo. Sen Cancelas Teatro constrúe a súa versión xogando coa ficción e a realidade, presentando un mundo onírico nunha atmosfera cargada e calorosa. Enfrontando á súa protagonista co descrédito dos que a rodean e cos seus propios medos e reproches dentro dunha sociedade patriarcal e opresora. Unha obra desgarradora cunha forte carga emocional e interpretativa.
Compañía/Artista: Sen Cancelas Teatro
Tipo de espectáculo: TEATRO NON PROFESIONAL - Teatro
Tipo de público: XERAL
Programa: Alicerce
Fuente: https://redecultural.gal/events/un-tranvia-chamado-desexo-3/



