18:00
Neura, unha comedia neurótico-festiva De Ste Xeito - De Ste Xeito Producións
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Calendario
- Guardar evento Evento guardado
NEURA é unha comedia que aborda o tema da saúde mental, iso si, con minúsculas.Os nosos protagonistas conviven con teimas propias e alleas. Tentan agochar algunhas, exhiben outras orgullosos, en ocasións búscanlles tratamento, pero sempre sofren por elas. Neura non é unha comedia romántica: Edu e Sonia, xa viviron no pasado a súa historia de amor e desamor que terminou precisamente por mor deses pequenos trastornos. Non son amigos, non son amantes. Son esa categoría difusa á que chamamos ex. Xente da que sabemos ata o seu grupo sanguíneo, pero coa que actuamos como perfectos descoñecidos.
Compañía/Artista: De Ste Xeito Producións
Tipo de espectáculo: TEATRO - Comedia
Tipo de público: XERAL
Programa: Escena ao vivo
Video / Web
Fuente: https://redecultural.gal/events/neura-unha-comedia-neurotico-festiva-de-ste-xeito-2/



