13:00
A LEIRA DAS PRIMEIRAS PALABRAS - MARISA IRIMIA
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Calendario
- Guardar evento Evento guardado
Nun recanto máxico, onde as palabras medran como sementes, atopamos a Leira das Primeiras Palabras. Aquí, entre carballos falangueiros e paxariños contadores de contos, os máis pequenos descubrirán a musicalidade da lingua galega a través de rimas, sons e cancións.Nesta sesión de contacontos, bebés e familias navegarán entre contos sinxelos e interactivos, que fomentarán a exploración das primeiras palabras en galego. Sons, xestos e expresións unirán emoción e significado, convertendo cada sílaba nunha festa para os sentidos.A través de historias cativadoras, xogos de repetición e dinámicas participativas, potenciaremos a adquisición da linguaxe e o apego ao galego dende os primeiros anos
Compañía/Artista: MARISA IRIMIA
Tipo de espectáculo: LINGUA A ESCENA - Narración oral
Tipo de público: INFANTIL
Programa: Lingua a escena
Fuente: https://redecultural.gal/events/a-leira-das-primeiras-palabras-4/



