20:30
ALTA COSTURA - ELEFANTE ELEGANTE

ALTA COSTURA - ELEFANTE ELEGANTE

ALTA COSTURA é un espectáculo cómico, irónico e poético sobre a moda e a súa estreita relación co consumo, o recoñecemento social, a contaminación, a saúde e as condicións laborais. ALTA COSTURA dá unha especial importancia aos mecanismos de venda e á relación contemporánea que o grande público ten co acto de mercar e de tirar roupa. ALTA COSTURA é unha creación de teatro físico e visual que se detén detalladamente na ¿fast-fashion¿: o momento da compra, a filosofía do mercado e a rapidez con que os produtos son desvalorizados e se transforman en lixo altamente contaminante.

Compañía/Artista: ELEFANTE ELEGANTE
Tipo de espectáculo: TEATRO - Outros
Tipo de público: XERAL
Programa: Escena ao vivo
Video / Web

Fuente: https://redecultural.gal/events/alta-costura-3/
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android