19:00
Feira das sementes - Títeres Babaluva

Feira das sementes - Títeres Babaluva

Feira das Sementes é a feira máis pequena do mundo. Unha feira onde nada se vende, onde as sementes trócanse por outras, por un conto, un refrán, unha canción ou unha adiviña.Mirari, unha vasca afincada en Galicia, percorre o país coa súa Feira das sementes. No seu postiño leva para trocar semente das fabas de Tolosa, de trigo candeal e outros cereais. Ela da pero tamén recolle. Nesta ocasión en troca dunhas sementes de roseira e de garavanzo, representará con marionetas os contos: A proba da semente e Garavanciña e o esquío. Finalmente para denunciar o secuestro que algu-nhas multinacionais da alimentación fan das sementes representará con títeres de cachaporra ¿O rapto do centeo¿.

Compañía/Artista: Títeres Babaluva
Tipo de espectáculo: TEATRO - Monicreques
Tipo de público: INFANTIL
Programa: Escena ao vivo
Video

Fuente: https://redecultural.gal/events/feira-das-sementes/
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android