11:00
Conto-concerto - A Banda do Verán

Conto-concerto - A Banda do Verán

Quen non pensou algunha vez de pequeno na posibilidade de montar unha banda de música? O artista Xoán Curiel protagoniza este espectáculo musical e teatral baseado no libro-disco editado por Galaxia "Estamos no verán!!!". Partindo do relato de como Xoán comezou a conectar coa música, as nenas e nenos o acompañarán nesta aventura que se irá transformando nun divertido concerto. Estilos musicais variados mestúranse neste espectáculo moi directo e refrescante que fará espertar o maxín e as ganas de abrir as orellas das/dos máis miúdas/os. Unha experiencia chea de música (con diferentes instrumentos e "loopers"), historias e sobre todo risos e participación.

Compañía/Artista: A Banda do Verán
Tipo de espectáculo: MÚSICA OUTROS
Tipo de público: INFANTIL
Programa: Escena ao vivo
Video / Web

Fuente: https://redecultural.gal/events/conto-concerto-4/
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android