22:00
Feira - De Ninghures

Feira - De Ninghures

De Ninghures é hoxe unha das propostas máis sólidas e recoñecibles da escena galega actual. Co álbum Feira como punto de inflexión, o grupo acadou un posicionamento firme grazas a unha sonoridade madura, expansiva e persoal. A súa música parte da tradición galega pero dialoga sen complexos con influencias globais, desde o rock saharaui ou as músicas do Magreb ata ritmos e melodías cubanas. Cunha forte identidade colectiva e unha clara aposta pola experimentación, De Ninghures constrúe unha experiencia musical contemporánea, fresca e auténtica, que conecta coa paixón pola arte e coa creación sen límites, a cal levan adiante no seu directo "Feira".

Compañía/Artista: De Ninghures
Tipo de espectáculo: MÚSICA TRADICIONAL
Tipo de público: XERAL
Programa: Escena ao vivo
Video / Web

Fuente: https://redecultural.gal/events/feira-2/
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android