20:30
O Ponto impropio A/S/V

O Ponto impropio A/S/V

Danza contemporánea

o ponto impropio A/S/V
coreografía, son orgánico e cinema expandido

Un corpo no esforzo de percibirse a si mesmo, que nos comparte as súas aproximacións, descubrimentos e revelacións. A entrada a un laboratorio no que a percepción distorsionase e afínase á vez, propoñendo novas sensibilidades. Unha experiencia que cuestiona o eu percibido, a identidade construída en base a proxeccións comunmente asumidas. Un desprazamento cara a outras posibles versións: canto de nós nos é alleo? que é o verdadeiramente propio e onde o atopamos?

[A/S/V] o ponto impropio elabora movemento, son e imaxen en tempo real: unha sorte de rexistro e composición auditiva (A), somática (S) e visual (V) que, en exercicio resoante, activa e resignifica a coreografía.



Intérpretes:
Javier Martín

Concepto e movemento: Javier Martín
Produción e acompañamento: Sabela Mendoza
Son: Adolfo García
Acompañamento coreográfico: Pep Ramis
Concepto sonoro e artefacto escénico: Javier Martín
Vestiario: Y by ferdy, Cremallera Studio, Anna Whirling

Apoio á producción: Cultura A Coruña
Apoio á distribución: INAEM Instituto Nacional de las Artes Escénicas y de la Música

Duración: 60 minutos

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android