17:30
Presentación de 'Agora, eu cariota'

Presentación de 'Agora, eu cariota'

O Club de Lectura de Lugo continúa coa súa programación nun mes cheo de encontros. Despois da cita con Nerea Pallares o vindeiro sábado día 4, chega a presentación de Agora, eu cariota, o primeiro poemario de Xosé Gago, nun acto moi especial acompañado pola cantareira Branca Villares.

Será un diálogo entre a poesía escrita e a oral, entre o individual e o colectivo, con recitados, coplas e a participación do público que queira sumarse ao faladoiro.

O libro recolle textos dos últimos seis anos, inspirados na ribeira do Sil, en Trasmonte (A Pobra do Brollón), e reivindica o valor da comunidade, das redes de coidados e da veciñanza como forma de resistencia.

Como vedes, presentamos dúas citas imprescindibles coa literatura galega este mes. Non perdades ningunha! Se vos interesa participar só redes que escribir a clubdelecturalugo@gmail.com
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android