20:30
A todos nos gusta el plátano
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Guardar evento Evento guardado
E cando espertou, o Black Lives Matter tamén era español. O fotógrafo Rubén H. Bermúdez, cuxo libro Y tú, ¿por qué eres negro? supuxo en 2018 un punto de inflexión na visibilización da comunidade afrodescendente en España, presenta a evolución audiovisual do seu traballo. Unha longametraxe coral na que confía a cámara a sete persoas negras en España para que intenten facer unha película. Autorrepresentación, dúbidas, nun retrato íntimo, fragmentario, e necesariamente parcial. Peles, corpos que se filman na intimidade, que falan, se escoitan e expoñen.
Fuente: https://www.turismo.gal/axenda-cultural/evento?langId=gl_ES&nid=154067


